viernes, 6 de abril de 2012

Un lugar de ensoño

Oxalá puidese fuxir a un lugar no que ninguén xuzgue a ninguén, no que todos seamos iguas, e en ser iguais non me refiro nos nosos gustos ou formas de ser, se non nos nosos dereitos e condicións, un lugar no que ainda se poida soñar e ser feliz, imaxinar o que quixésemos ser e algún día chegar a conseguilo, poder bailar, saltar, xogar, estudar, falar, berrar, ser libres... Facer o que nos dese a gana, sen importar o que pensen os demáis; aínda que agora que o penso pode que todo iso sexa imposible, pero dame exactamente igual, tamén dicían que o home non chegaría a Luna, mais logrou chegar a Marte, así que dame igual que sexa difícil ou imposible porque aínda sendo imposible non penso rendirme.